pablaunz

is creating un proxecto audiovisual sobre a concentración parcelaria

0

patrons

$0

per proxecto audiovisual
Ola, son Pablo, un rapaz de Cerceda de O Corgo, e estou buscando apoio para crear un proxecto audiovisual de investigación sobre a concentración parcelaria e a súa aplicación ao longo de España, con especial énfase en Galiza e, sobor todo, na vila da que son autóctono.

No ano 1965 Cerceda recibiu a posibilidade de executar unha concentración parcelaria que cambiaría a súa estrutura de propiedade dende 1972 ata hoxe nun contexto, a nivel estatal, de nova política económica no plano agrario. Esta empresa espertou polo camiño numerosos conflitos que afetarían non só a Cerceda, pero tamén ao resto da zona e ás posibilidades dunha nova concentración. Cerceda é parte da historia recente de Galiza, e, como tal, serve ao estudo desta.

O obxectivo deste proxecto é afondar na aplicación da concentración parcelaria e o seu éxito segundo o contexto no que se promovía e se promove, desta maneira, facendo unha historia xeral que non sirva só para entender Cerceda, pero o resto de vilas de Galiza, aínda que dun xeito menos pormenorizado.

Pola miña parte, hai intención de facer partícipes a tódolos veciños da vila, actuais e pasados, para que poidan achegar información sobre os eventos de interese e para recoller as súas valoracións sobre a tensión vivida.

Haberá unha petición ao Concello de O Corgo para o cese temporal do espazo da escola de Cerceda para, no remate do proxecto, realizar a primeira proxección do mesmo con tódolos veciños, á que todos están invitados.

Fontes:
Oficina virtual do medio rural.
Tiers
Recompensa básica
$1 or more per proxecto audiovisual

Mención nos créditos pola participación no proxecto.

Goals
$0 of $15 per proxecto audiovisual
Con este obxectivo poderei custear o desgaste do equipo de filmación.
1 of 3

Recent posts by pablaunz