Revista Morcego & A Gruta de Gizamaluke

is creating Revista dixital e podcasts en galego

Select a membership level

Morcego da fruta

$2
per month

Poderás durmir mellor sabendo que colaboras coa única revista dixital de videoxogos en galego.


Ademais disto, tamén poderás votar mensualmente reportaxes e ideas para elaborar por escrito na Revista Morcego.

Serás parte dun belo proxecto e sempre terás a nosa admiración.

Raposo voador filipino

$5
per month

Todo o anterior.


Terás acceso ao podcast da Gruta de Gizamaluke dous días antes do seu lanzamento público.


Permitirás a creación de podcasts monográficos (un por mes) dos que poderás votar a súa temática. Terán unha hora e media de duración.

Acceso a unha canle de Discord especial.

Pteropus scapulatus

$10
per month

Todo o anterior, por suposto.


Teremos unha sección nos podcasts reservada para ti, onde poderás enviar mensaxes de voz e opinar dalgún tema.

46

patrons

$175

per month

About

Revista Morcego naceu en setembro do ano 2018 como un proxecto xornalístico independente no que podes ler e escoitar sobre a industria do videoxogo en galego.

Nunca mudaremos ese obxectivo, e nunca deixaremos de loitar por el, mais agora queremos dar un salto importante e asumir o último paso profesional que Morcego precisa, que non é outro que sermos unha revista capaz de voar soa.

Que quere cubrir este Patreon?

  • Os gastos derivados da páxina (servidores anuais, dominio, posibles cambios de deseño...).
  • Poder pagarlle aos colaboradores que contribúen co seu tempo e as súas creacións.
  • A mellora de todos os elementos da páxina (máis artigos diarios, máis reportaxes, máis firmas invitadas, podcasts máis longo...)
  • Medrar, ser un medio con todas as letras.

Se decides colaborar connosco axudarás a manter vivo un proxecto feito con agarimo e profesionalidade, que aposta polo galego e a súa normalización nun espazo no que é case imposible consumir contidos na nosa lingua.
Goals
$174.88 of $650 per month
A páxina e o podcast terán asegurado o seu futuro a medio e longo prazo. Poderá asumir todos os gastos derivados e pagar pezas a colaboradores.
1 of 2

Become a patron to

95
Unlock 95 exclusive posts
Listen anywhere
Connect via private message

Recent posts by Revista Morcego & A Gruta de Gizamaluke

How it works

Get started in 2 minutes

Choose a membership
Sign up
Add a payment method
Get benefits